Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela executa preto dun 90% dos fondos europeos EDUSI

230124010-1024x707

O Concello de Redondela executou no  2023 máis de 5,4 millóns de euros das axudas europeas de fondos EDUSI nos diferentes proxectos subvencionados. Estes fondos serviron para facer realidade importantes obras, mellorar infraestruturas municipais e poñer en marcha novos servizos tecnolóxicos para a cidadanía.

Entre as obras executadas inclúese a urbanización da alameda Rosalía de Castro de Chapela e a súa contorna (490.869,77 €) e as instalacións deportivas do skatepark e baloncesto en Redondela e o skatepark na vía verde de Chapela (738.400 €). Mellorouse a mobilidade e a seguridade viaria coa renovación da Praza de Ponteareas (1.091.000 €). Os traballos realizados supoñen un investimento total de 5.432.801,84 €, o que representa unha porcentaxe total do 87% do programa.

Creáronse novas sendas verdes e paseos peonís que serviron para recuperar espazos naturais, como a Vía Verde para uso peonil e ciclista na antiga vía de ferrocarril de Chapela (806.084,47 €). Outros traballos serviron para poñer en valor o patrimonio histórico e cultural de Redondela, como a conservación e mantemento do cemiterio dos Eidos (285.655,93 €) e a remodelación da oficina de Turismo e a aula Etnográfica no antigo conservatorio (343.887,64 €). Inclúese tamén o acondicionamento e mellora enerxética da casa consistorial (530.435,21 €) e na oficina de Servizos Sociais de Chapela e o departamento de Atención á Muller ( 490.869,77 €).

Outro dos ámbitos de actuación dos fondos europeos son as novas tecnoloxías. Grazas á subvenció melloráronse as TICs no Concello para lograr unha Administración electrónica plena e transparente cos servizos de Smart Cities e unha nova plataforma para a veciñanza, así como novos enlaces de comunicacións e puntos inalámbricos (403.834,28 €).

No caso da rehabilitación das antigas casas dos mestres as obras demoráronse por mor de problemas atopados na cimentación, o que obrigou a adiar os traballos. Con todo, desde o Concello anuncian que “o novo museo etnográfico Ángel Barros previsto nesta edificación construirase igualmente e será unha realidade neste 2024”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará