Foto da presentación do proxecto na sede da institución galega en Vigo
Raquel Diez profundiza no proxecto europeo BlueWWater, unha iniciativa que, liderada polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, ten como obxectivo a mellora da calidade das masas de auga fluviais, de transición e costeiras de Galicia e Norte de Portugal. Centránse sobre todo no control, seguimento e avaliación das emisións de microplásticos e dos denominados contaminantes emerxentes ao medio acuático.