Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

CPA Bolboreta mostra o seu crecemento no Festival de Nadal

723d0cc5-31ad-49c6-afa9-27c60fff7e59

O club de Patinaxe Bolboreta Redondela organiza cada ano un Festival de Nadal ao que acoden clubs do municipio e da contorna. O 23 de decembro, o Pavillón da Marisma acolleu a 100 deportistas que desfrutaron dun día de convivencia con sorpresas e no que tamén aproveitaron para facer unha exhibición de forza e habilidades técnicas.

O nadal non é unha data na que as asociacións deportivas de patinaxe estean de vacacións. Aproveitan o momento para celebrar xuntanzas e exhibicións coas que seguir adestrando e xerar conexión e compromiso entre clubs. Cristina Boullosa, Presidenta do club redondelán, conta que este ano “participou o Club Indalo Patinaje Artístico de Vigo, mentres que o Club Patinaxe Artística Arealonga de Chapela tivo que ausentarse por outra cita deportiva noutra localidade”.

Cristina Boullosa, Presidenta do Club Bolboreta

O festival estaba plantexado por categorías seguindo os grupos por niveis, dende a iniciación á competición. As coreografías estiveron centradas nos motivos festivos con música e vestimenta feita a man pola directiva de Bolboreta. O Pavillón Municipal da Marisma encheuse de copos de neve, Quebra-noces ou elfos danzando ao son de panxoliñas tradicionais e modernas. A gran sorpresa foi a visita de Papá e Mamá Noel que entraron na pista en patíns para repartir caramelos e agasallos aos asistentes.

Cristina Boullosa, Presidenta do Club Bolboreta

Boullosa ten claro que o patinaxe é un deporte en crecemento constante. Nas ultimas tempadas observan moito interese na disciplina e un cambio de perspectiva. Aínda que soe ser un deporte maioritariamente feminino cada vez hai máis interese por parte dos nenos en adestrar e competir.

Cristina Boullosa, Presidenta do Club Bolboreta

Unha vez rematen as festas, coa marcha dos reis Magos cara Oriente, comezan as competicións. A primeira cita será a preselección de categorías sénior a fin de semana do 14 de xaneiro. Unha semana despois, os días 20 e 21, terá lugar o campionato autonómico que este ano organiza o club Bolboreta e que se celebrará no Pavillón da Marisma coa presenza de clubs da provincia de Pontevedra e de Ourense.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará