Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Estradas pechadas en Soutomaior pola Cabalgata

carteira real

A Cabalgata terá lugar entre as 17:00 e as 18:00 horas e percorrerá parte da rúa do Calvario, a Avenida Xosé Solla e parte da rúa Rosalía de Castro, ata chegar á Alameda de Talo Río.

O concelleiro de Seguridade, Diego Moreira, sinalou que de cara a garantir o correcto transcurso da Cabalgata de Reis, adoptaranse unha serie de medidas. Así, desde as 13:00 horas deste venres estará prohibido estacionar en toda a Avenida Xosé Solla. Ademais, o tráfico na Avenida Xosé Solla e en todas as súas vías de acceso quedará cortado entre as 16:45 horas e as 18:00 horas. Ademais, o Concello de Soutomaior fai unha serie de recomendacións para todas aquelas persoas que queiran achegarse nun vehículo ou teñan que desprazarse.

Así, o Concello recomenda que o público asistente estacione nas zonas para aparcar existentes no Peirao, na contorna da estación de tren e xunto ao campo de petanca. Para aquelas persoas que vaian en coche pola estrada de Soutomaior en dirección a Pontevedra, o Concello recoméndalles que atallen pola rúa da Oliveira, sigan pola rúa das Verdellas e vaian dar á rúa Roxelio Landeiro, onde poderán seguir cara a Ponte Sampaio e Pontevedra. Por outra parte, dende o Concello tamén recomendan que, no caso de que sexa inevitable empregar o coche polo centro de Arcade, a veciñanza circule polas rúas do Camiño de Santiago (Lameiriñas, do Velero e Barroncas) ou a N-550.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará