Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela pechou o ano con 1.522 parados

paro

O mercado laboral non deixou un bo dato para despedir o 2023. O número de parados incrementouse en Redondela con 21 novas persoas inscritas nas listas que manexa a Consellería de traballo e que apunta a un 2023 irregular, con subas e baixas nun ano que arrancaba con 1389 desempregados. O incremento no mes de decembro afectou tamén ao resto dos concellos da bisbarra: Soutomaior contabiliza 465 desempregados (+8), Pazos de Borbén 186 (+8) e Fornelos de Montes 127 (+1).

 O último mes do ano non deixou boas novas en canto ao mercado laboral na bisbarra. Pechou 2023 cun lixeiro repunte no número de persoas inscritas as listas do paro. Con todo, son cifras moi afastadas das que se manexaban hai unha década cando o número de persoas en situación de busca de emprego dobraba ao actual. De feito, en decembro de 2013 o número de desempregados ascendía a 2911, fronte aos 1522 que se contabiliza actualmente. Unha situación extrapolable tamén aos concellos veciños de Soutomaior, Fornelos e pazos que na última década teñen reducido practicamente á metade o número de persoas en paro.

Con todo, o balance publicado pola Consellería de emprego e Igualdade pon de relevo que o número de desocupados incrementouse en Redondela e Fornelos mentres que decreceu en Soutomaior e Pazos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará