Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concentración en apoio dos traballadores da piscina en folga indefinida

RR_Noticias

Os operarios das instalacións deportivas, que dende o pasado 1 de febreiro manteñen unha folga indefinida en demanda dun convenio para a comunidade, denuncian a negativa da patronal a sentarse a negociar. Concéntranse hoxe xoves ás 19:30 horas diante do Concello

A piscina municipal de Redondela permanece pechada dende o pasado 1 de febreiro por mor da folga dos traballadores das instalación deportivas galegas que perseguen, como obxectivo principal, unha suba salarial que permita incrementar os 733 euros mensuais que cobra actualmente a categoría máis numerosa. Un paro que non ten visos de solucionarse a curto prazo dada a negativa da patronal a sentarse a negociar mentres se manteña a folga, motivo polo que os traballadores fan un chamamento para que se retomen as conversas que permitan un acordo canto antes. Así nolo explicaba dende a CIG, o representante dos traballadores en Redondela, Pablo Muíños, quen demanda tamén o apoio dos responsables municipais para que intercedan ante a empresa concesionaria do servizo do mesmo xeito que están a facer alcaldes doutras localidades. Os traballadores piden desculpas polas molestias que están a causar aos usuarios da instalación, aínda que aseguran contar co apoio dos veciños “quen coñecen a precaria situación dos seus contratos”. De feito, esta tarde convocan a todos os veciños a unha “cacerolada” ás 19:30 horas diante do concello. Os traballadores manteñen as súas demandas laborais que pasan por un convenio colectivo que lles permita chegar a cobrar mil euros mensuais no ano 2010.

Pablo Muiños representante dos traballadores
Piden a patronal que se sente a negociar
Concentración
Traballadores e usuarios manifestaranse as 19:30 horas diante do concello

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará