Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Regresa a competición ligueira tras o parón de Nadal

Diseño sin título (1)

Os equipos sénior dos clubs deportivos redondeláns teñen cita esta fin de semana continuando coa liga.

CD Choco – Portonovo SD

CD choco enfróntase ao Portonovo o domingo 14 de xaneiro no Campo Municipal de Santa Mariña. Esta será unha xornada decisiva que podería facer ascender aos choqueiros do terceiro ao segundo posto. A Presidenta do club, Virginia Ricón, fai un chamamento en apoio ao equipo sénior.

Ricón, móstrase satisfeita coa posición dos sénior e invita á xente ao primeiro partido da segunda volta que será “moi emocionante”.

EF CobresCD Cesantes

En canto ao CD Cesantes, atópase no grupo 10 de Segunda Galicia en última posición. Van tentar arrincar algún punto o domingo 14 de xaneiro ao Cobres, para afastarse do postos de descenso.

SD AmencerCD Soutomaior

Na mesma liga, Segunda Galicia, o Soutomaior xoga contra  a Sociedade Deportiva Amencer ás 16:30h no Campo de fútbol Lampans. Nestes momentos atópanse de sétimos empatados co Domaio CF.

FÚTBOL SALA

Insuas do Miño Rábade F.SSD Pazos de Borbén

O equipo sénior da SD Pazos de Borbén pechará a primeira volta da liga en Terceira División visitando o domingo ás 17:00h ao Insuas do Miño Rábade F.S no pavillón do rival.

O equipo de Primeira Autonómica do Pazos tamén xoga o domingo 14 ás 19:00h contra o Pecheches FS no Pavillón do Berbés.

Redondela FS- Campito

Na Preferente, interesante partido o que se vai disputar este sábado 13 ás 20:00 horas no Pavillón da Marisma. O Redondela FS retoma a competición co derbi ante o Campito. Dous equipos que pasan por situacións moi diferentes, os de Rolan situados na oitava posición e o equipo de Chapela como pechacancelas da categoría

Cercedo-Cotobade FSArealonga FS

O equipo sénior masculino do Arealonga FS xogan en Primeira Autonómica e enfrontaranse ao Cercedo-Cotobade FS o sábado 13 de xaneiro ás 19:00h no Pavillón de Cerdedo.

Ademais, o equipo sénior feminino de 1º Autonómica enfrontase ao Bulebule FS o sábado ás 19:30h no Pavillón municipal de Chapela.

BALONMÁN

SAR Rodavigo – Meaño

As xogadoras de División de Honra Prata Feminina da SAR reinician a liga cun derbi no Pavillón Municipal da Bomboneira. Terá lugar o  Sábado 13 ás 18:30h  e xogarán contra o Asmubal Meaño, un equipo co que están empatadas a 11 puntos e no que xogaranse a cómoda sétima posición da táboa xeral.

 Valinox Novás B – SAR Plastic Omnium

O mesmo día, sábado 13 de xaneiro, o equipo sénior masculino da SAR xoga en Primeira Autonómica contra o Valinox Novás B no  Pavillón Municipal do Rosal ás 12:00h. Nestes os momentos os redondeláns están nunha boa segunda posición empatados a 17 puntos co Grove e a só 1 punto dos primeiros da liga. Os de Pontevedra, pola súa banda, son sétimos na táboa.

Grove Paraíso Rasoeiro BMBalonmán Chapela

Os sénior do Balonmán Chapela, novenos na liga regular de Primeira Autonómica, visitan o pavillón municipal Novo Monte da Vila para xogar contra o Grove o sábado ás 18:30 h. Este será un partido complicado pois enfróntanse aos segundos da táboa.

En canto as xogadoras de Primeira Autonómica do Chapela, enfróntanse ao Carballal o sábado ás 12:45 no Pavillón do rival.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará