Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior adianta o seu “Entruido” ao 3 de febreiro e recupera o rito do galo

imaxe_marca_entruido_soutomaior

O Entroido chegará con moitas novidades este ano a Soutomaior, entre elas, a celebración do desfile de comparsas que, debido ás elección galegas do 18 de febreiro, se adianta ao sábado 3 de febreiro. Outra das novidades será que este ano ademais dos premios de participación a todas as comparsas tamén haberá premios do xurado e unha gran festa en Talo Río. Recupérase ademais a corrida do galo e os xantares gastronómicos típicos desta época do ano. O goberno local convoca unha xuntanza coa veciñanza na Casa da Cultura o luns 15 ás 19:00 horas para impulsar o “Entruido máis singular de Soutomaior”. 

Un Entroido que virá cargado nese 2024 polo traballo de investigación realizado polo antropólogo Rafa Quintía que durante meses estivo realizando entrevistas nos diferentes barrios do municipio co fin de acceder e contar con información sobre a tradición e o patrimonio co que conta o concello de Soutomaior.

Rafael Quintía, antropólogo

A través deste estudo, Quintía, obtivo moitos datos de interese vencellados co rito de Entruido como a corrida e desfile do galo, os bailes ou fiadas do martes de Entruido, os ritos satíricos e burlescos con mecos e os ritos comensalidade.  Con este estudo, o antropólogo conseguiu recoller información que data do ano 1935 con referencias tamén a denominación das festas sendo o nome de Entruido a variade dialectal máis empregada.

Dende o goberno local adianta que a programación centrarase nos días 3 de febreiro, así como a fin de semana seguinte do 10, 11 e 13 de febreiro.

Dende o concello animan á veciñanza a participar e a recuperar esta tradición no municipio para contar e ter o Entruido que Soutomaior se merece. Ao tratarse dunha festa participativa o concello convida a toda a cidadanía a unha reunión informativa, o luns 15 de xaneiro ás 19:00 h. na Casa da Cultura de Soutomaior, co alcalde, Manu Lourenzo, e o antropólogo, Rafa Quintía, durante a cal se presentará todo a información recollida dándose a coñecer as claves para vivir o Entruido máis singular que Soutomaior tivo nunca. 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará