Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco perde o liderado en Cambados

RR_Noticias

Os redondeláns saíron a polo partido pero toparon cunha férrea defensa do Xuventud. Os de Cambados, á contra, anotaron o único gol do partido. A derrota deixa ó Choco no terceiro posto da clasificación da Rexional Preferente. Na Segunda Autonómica o Chapela mantén a segunda praza do seu grupo despois de gañar ó Victoria.

Rexional Preferente
Xuventud 1-Choco 0
 
Unha derrota pola mínima deixa ós redondeláns fóra do 1º posto da clasificación, e pasan a ser 3º. O Choco chegou ó campo de Burgáns buscando a vitoria pero topou cun equipo local moi ben plantado na defensa. O Xuventud fixo un partido moi serio, e contrarrestou todos os embites dos de Julio álvarez, que non foron quen de chegar con claridade á portería de Felipe. Case rematado o primeiro tempo, nunha contra das de libro, o Cambados logrou o único tanto do partido, obra de Eulogio. O Choco seguiu buscando o gol pero chocou unha e outra vez coa defensa dun equipo local moi ben plantado. A poucos minutos do final o árbitro expulsou a dous xogadores locais, Fran e Dani. Os de Redondela puxérono todo para aproveitar esa superioridade numérica e volcáronse na portería rival. A piques estiveron de conseguir a igualda cun testarazo de Kennedy, pero non entrou, e os tres puntos quedaron en Burgáns. O Choco viu como se lle escapaba o liderado, que agora é do Estradense. O mal menor é que os de Redondela están empatados a puntos co 1º e co 2º, o Portonovo. A próxima xornada reciben ó Caselas, un dos equipos da parte baixa da táboa.
 
Primeira Autonómica
Poio 2-1 Arcade
O Arcade non foi quen de gañar na casa do colista, e segue afundido na parte baixa da táboa. A próxima xornada recibirán a un dos equipos fortes do grupo, o Valladares.
 
Segunda autonómica
Chapela 1-0 Victoria
O Chapela impúxose a un dos colistas e mantén a segunda praza do grupo, deixando a 4 puntos ó terceiro, o Ribera. Na próxima xornada xogarán no campo do Nieto.
 
Terceira autonómica
Cesantes 1 -2 Libertad
Os de Redondela manteñen a súa posición na metade da táboa. Na próxima xornada volven xogar na casa, recibirán ó Verducido, un dos colistas.
 
 
Sotomaior 0-0 Pontevedra
Os de Soutomaior conservan a 3ª praza malia ó empate sen goles. Na próxima xornada teñen unha cita no campo do Presqueiras, o colista do grupo, que só suma 1 punto en 18 xornadas.
 
Arcade B 1-2 Marín B
Partido moi igualado entre os dous filiais no campo do Salgueirón, aínda que ó Arcade faltoulle máis a pegada. O Arcade mantense na metade da táboa, aínda que cae un posto despois da derrota, da 7ª á 8ª praza. Na próxima xornada xogarán no campo do Salcedo, o segundo pola cola.
 
Moledo 0-1 Choco
O choco segue consolidado na metade alta da táboa, son 6º, despois da vitoria sobre o Moledo. Na próxima xornada reciben ó Casablanca, da metade baixa da táboa.
 
Cumiar 1-0 Nespereira
Os redondeláns non levantan cabeza, seguen como colistas do grupo, tan só suman 3 puntos en 19 xornadas. O próximo domingo xogan co Areas B, da metade da táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará