Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Deputación saca a licitación o proxecto de transformación da estrada que une Fornelos con Estacas

fornelos

As empresas interesadas en presentar ofertas para esta actuación, que dotará de beirarrúas máis amplas e zonas de convivencia un treito de 210 metros da estrada provincial, terán de prazo ata o 1 de febreiro. A obra conta cun investimento de 230.000 euros.

A Deputación de Pontevedra acaba de sacar a licitación o proxecto de transformación da EP-2801 Fornelos-Estacas, no que investirá máis de 230.000 euros para dotar de beirarrúas máis amplas e zonas de convivencia un treito de 210 metros desta estrada provincial. As empresas interesadas en presentar ofertas para esta actuación, que tamén mellorará a funcionalidade da vía e a súa seguridade tanto para o tráfico rodado como para o peonil, terán de prazo ata o 1 de febreiro.

A zona de actuación correspóndese coa saída do núcleo urbano de Fornelos de Montes, cunha intensidade media diaria elevada pola súa conexión con varios núcleos de poboación. Na actualidade as beirarrúas neste treito non contan co ancho suficiente e mediante a solución proxectada daráselle prioridade ao tráfico peonil, incrementando o espazo das beirarrúas e optando por zonas de convivencia naquelas zonas onde o ancho non permita o cumprimento das condicións de accesibilidade.

Na contorna da Praza de Abastos o pavimento substituirase por lastras de pedra.  Ademais, tamén se executará unha prolongación das obras de drenaxe transversal, soterraranse as canalizacións de alumeado público e de electricidade en baixa tensión, substituirase a sinalización horizontal e vertical da vía, formarase un paso peonil elevado na parte final da actuación e disporanse dous treitos de varandas para a contención dos viandantes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará