Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Operarios contratados polo Concello retiran a man o lixo acumulado na praia de Cesantes polos últimos temporais

pilar

O uso de maquinaria para a retirada destes restos está desaconsellada polo que a limpeza que arrancou este luns está a realizarse empregando métodos respectuosos nunha zona enmarcada en Rede natura. A actuación inclúe “a recollida de restos de madeira, lixo e plásticos que deixou o mar na praia de Cesantes nos últimos temporais, así como a reposición de elementos do paseo que foron arrastrados polas marusías”, explica a concelleira de Medio Ambiente, Pilar Martínez. A edil amosa a súa indignación pola campaña de desinformación que os Populares levan a cabo nas redes e critica que a Xunta non colabore nestas actuacións indispensables para o bo estado dos areais.

Este luns arrancaron as tarefas de limpeza na praia de Cesantes, logo de que unha empresa especializada na xestión ambiental fixese unha valoración de todos os danos sufridos no areal e na súa contorna por mor dos temporais deste inverno.

A limpeza inclúe a retirada “sempre usando métodos respectuosos” de todo o lixo que acaba na praia como restos de madeira e plásticos arrastrados polo mar e desenvolverase durante 15 días.

Pilar Martínez, edil de Medio Ambiente

Unha limpeza minuciosa que se prolongará durante 15 días e que arrancou na zona da Punta para ir avanzando cara o peirao. A continuación actuarase tamén nos areais de Chapela e Rande “o que supón un investimento importante que supera os 4.500 euros”.

Ao tratarse dun espazo de especial protección dentro da Rede Natura 2000, o Concello solicitou en decembro unha autorización á Xunta de Galicia para poder actuar. O permiso chegou en xaneiro, e as chuvias da pasada semana obrigaron a adiar a limpeza, que comezaba onte mesmo. Unha limpeza que insiste a edil necesariamente ten que estar programada con anterioridade, “algo que saben non PP, malia o cal non dubidan en mentir asegurando nas Redes que actuamos a golpe das súas publicacións en Facebook”.

O Concello xa levou a cabo unha limpeza no areal o pasado 2 de decembro para recoller os restos que deixaran os fortes temporais do mes de novembro. Nesa ocasión, e de xeito manual, retiráronse 10 tractores de lixo, especialmente restos de madeira e plásticos arrastrados polo mar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará