Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Gala do CAR reuniu 250 persoas en apoio ao atletismo redondelán

419315588_868655015262283_5469173323906528399_n

Foto de Fotocarlosgrafias

A Asociación Deportiva CAR celebrou esta fin de semana a súa gala deportiva anual na que participaron máis de 250 persoas e se puxo en valor o traballo deportivo do club ca base. A escola deportiva reúne a 80 deportistas federados dende a categoría sub8 á sub 23, ademais da categoría sénior.

A gala abriu cunha representación da canción “Alegría” do Circo do Sol interpretada por deportistas do club e como sorpresa, para despois dar paso a presentación da canteira e das categorías superiores que tamén estiveron presentes. O obxectivo, segundo explica a tesoureira do club e organizadora do evento, é “poñer en valor o mérito dos rapaces e que se sintan todos iguais de importantes”.

Ana Romasanta, tesoureira do CAR.

O CAR conta con representación en competicións a nivel autonómico e estatal. Aproveitaron o  momento para lembrar os logros conseguidos durante o 2023 e celebralo “todos xuntos como familia”. Clasificáronse en campionatos galegos 30 rapaces e rapazas conseguindo chegar a podio 6 deles. Concretamente:

  • Gael Couñago Romasanta (Sub16) conta con dobrete de ouro en salto de altura, en pista cuberta e ao aire libre, e cunha marca de 1,86 batendo o record galego establecido en 1975. E participou nos tres Campionatos de España, o de Pista Cuberta, Aire Libre e coa selección galega.
  • Sabela Muiños Orge (Sub10) conseguiu a medalla de prata en 500 metros e bronce en Salto de Altura.
  • Nerea Lago Pires (Sub10) conta cunha prata en Triplo Salto, bronce en Salto de Altura Pista Cuberta e bronce en Triplo Salto en Aire Libre.
  • Adrián Sacristán (Sub10) triple ouro na modalidade “Campo a través”, 1000 metros en Pista Cuberta e 500 metros ao Aire Libre.
  • Guilherme Vicente Vaz (Sub 20) fixo dobrete de bronce en 200, prata en 200 metros Aire Libre e bronce tamén en Salto de Lonxitude Pista Cuberta.
  • Iván Lago Fontán (sub 23) bronce en Salto de Altura.
Ana Romasanta, tesoureira do CAR.

Para destacar a importancia da igualdade e dos valores que representa o CAR fixeron unha homenaxe ás vítimas de violencia de xénero. Achegaron un ramo coas cores do club, entre os que se atopa o violeta, á árbore plantada no Salgueiral en memoria das vítimas desta lacra social.

Ana Romasanta, tesoureira do CAR.

Resaltaron o momento histórico que está vivindo o club co maior numero de mulleres dadas de alta ata o de agora. En 2023 rexistraron 5 mulleres nas categorías superiores.

Ana Romasanta, tesoureira do CAR.

Todos os atletas recibiron un agasallo por parte da asociación deportiva e os patrocinadores do club – Nazario Correa (Rodavigo), Nacho González (Talleres Pontesca) e Pablo Ortega (Taxis Redondela)- contaron cun detalle “pola colaboración e confianza depositada durante tantos anos neste proxecto deportivo”. Para Ana Romasanta “esta gala foi moi emotiva e un reflexo do valor do club”.

Ana Romasanta, tesoureira do CAR.

Tamén estiveron presentes D. Iván Sanmartín, Presidente da Federación Galega Atletismo, e o seu director técnico e Delegado en Pontevedra, D. David Ferrer. Así como os representantes do goberno local coa presenza da Alcaldesa Dna. Digna Rivas e o Concelleiro de Deportes, Iván Valles, a quen lle agradecen “a súa boa predisposición en todo momento para levar a cabo o evento”. Achegáronse tamén portavoces dos demais partidos políticos da Vila: Daniel Boullosa (AER), Ana Alonso e Julio Mougán (PP), Xoan Carlos González e Jéssica García (BNG).

Dende a directiva reclaman “que todos os partidos políticos de Redondela deixen de lado as cores e únanse polo deporte na construcción dunha pista de atletismo reglamentaria que levan esperando tantos anos”.

Ana Romasanta, tesoureira do CAR.

O peche da Gala estivo a cargo do músico Manu García Reijas quen interpretou o seu tema “Amor ácido”. Ana e Belén de Casa Colet Eventos, “puxeron o broche de ouro, no remate do acto no auditorio, cun fantástico viño e un chocolate con churros decorados cunha grilanda de frores co detalle da cor do club”.

Fotos de Fotocarlosgrafias

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará