Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medra o malestar en Pazos ante a parálise da Deputación na reforma da estrada EP-2702 entre Amoedo e Os Valos

accidente valos

Os accidentes son frecuentes nesta estrada

O BNG de Pazos de Borbén ven de denunciar a parálise na que a nova Deputación mantén a necesaria reforma desta estrada. O proxecto fora presentado á veciñanza en abril do pasado ano e dende entón non houbo movemento coñecido, polo que dende as filas nacionalistas vaise preguntar formalmente en Comisións Informativas e o Pleno provincial cal é o estado do expediente e cando se pensan iniciar as obras.

A deputada provincial Manuela Rodríguez reuniuse co voceiro Xurxo Pardo Besadío nesta semana para falar con representantes da plataforma formada para reclamar a mellora da vía. No encontro púxose de manifesto o malestar e cansanzo xeral pola falta de avances dunha estrada para a que as reclamacións dunha reforma integral –e non de parches- se acumulan dende hai anos, con protestas e manifestacións incluídas.

Ambos subliñaron que é “inadmisible” o trato que a nova Deputación está a ter co concello e as veciñas e veciños da zona deixando no caixón a reforma. “Esiximos as obras de inmediato polo perigo que supón o estado no que se atopa”, destacou Besadío.

Neste sentido, a deputada nacionalista fará formalmente unha pregunta-rogo ao novo goberno provincial co fin de que axilice a situación e cumpra cos compromisos adquiridos.

Hai que lembrar que o proxecto de mellora xa vén dende hai anos. O último paso salvado foi a consecución dos terreos, para o que a veciñanza da zona cooperou activamente. No mes de abril de 2023 a Deputación presentou no Centro Cultural de Nespereira o anteproxecto, cun investimento aproximado dun millón de euros que o organismo provincial tiña previsto financiar na súa totalidade.

A intención do proxecto anunciado era transformar por completo este viario, que soporta un intenso tráfico e precisa entre outras cuestións a corrección dalgúns puntos do trazado. Entre as actuacións incluíanse a ampliación da plataforma para a dotación de beiravías, a corrección das curvas con menor visibilidade, e todas aquelas encamiñadas a cumprir as directrices que a Deputación estaba a aplicar en toda a rede provincial de estradas coas premisas da Rede Ágora e o seu decálogo de características, garantindo así unha estrada moderna e funcional.

Despois do mes de abril, o mal o mal estado da vía segue igual e o volume de tráfico que soporta, en particular de tráfico pesado relacionado co polígono de Amoedo tampouco descende.

A veciñanza agardaba as obras para a volta do verán, sen embargo, non houbo ningún tipo de movementos nin comunicacións por parte da nova Deputación nin á plataforma de persoas afectadas nin ao Concello.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará