Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os hostaleiros prevén unha chegada masiva de peregrinos a partir de Semana Santa

RR_Noticias

Confían en que a promoción do Camiño Portugués pola Costa se traduza nun incremento importante de camiñantes que pasen e fagan parada na vila co conseguinte gasto na hostalería local. A Asociación de empresarios editará en abril unha Guía para o peregrino  

Ante as optimistas previsións de cara a este Ano Santo, que anuncian en Redondela un incremento no número de peregrinos que pasarán polo concello respecto de edicións anteriores, a Asociación de empresarios de Redondela  porá na rúa nos primeiros días de abril unha guía orientada ao colectivo de peregrinos que recolla unha oferta común, articulada e o máis coherente posible coas necesidades dos camiñantes, ofrecéndolle produtos e servizos axeitados a súa demanda como onde comer, onde durmir ou outro tipo de establecementos que ofrezan servizos complementarios. Campaña día dos namorados O colectivo empresarial lembra ademais a campaña de promoción polo día dos namorados. Unha data que se celebra o vindeiro domingo día 14, con marcado carácter comercial que este ano está a pasar un tanto desapercibida por coincidir coas celebracións do Entroido. A campaña consiste no sorteo dunha romántica fin de semana no pazo Torres Agrelo. establecementos adheridos a Asociación de Empresarios de Redondela poden. Os premiados serán recollidos no seu domicilio nun luxoso coche clásico que os levará a gozar dunha cea e aloxamento no Pazo Torres Agrelo. O premiado darase a coñecer o venres ás 12 horas na sede de Asociación de Empresarios de Redondela.

Fran Peixoto Asociación de Empresarios
O colectivo editará unha guía do peregrino en abril
Día dos namorados
A campaña deste ano agasallará a algún cliene do comercio local cunha fin de semana romántica en Torres Agrelo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará