Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Marisma acolle a competición de niveis libre 4-10 organizado polo CPA Bolboreta

358558469_3561779090812185_319437968563671513_n

A competición, organizada polo club redondelán en Colaboración co Concello de Redondela, terá lugar no Pavillón Municipal ‘A Marisma’ esta fin de semana, o 20 e 21 de xaneiro.  O campionato está convocado pola Federación Galega de Patinaxe e acollerá a 26 clubs da provincia de Pontevedra e Ourense.

Esta gran exhibición de técnica comeza o sábado  ás 10:00h coa participación de Balaidos, El Olivo, Vagalume, Rosalía, Salceda, Ribex e Arealonga Chapela. Pola tarde, a partir das 16:00h e ata ás 20:00h,  será a quenda do  AEHDE, Carpa, Coruxo, Salvaterra, Valladares, Castrelos, Luar, Soutomaior e A.D. Sobre Rodas.

O domingo 21 abren as portas do pavillón ás 10:0h para a proba do Bolboreta Redondela, Ánfora, Indalo, Gondomar, Blossom, Tea, Covelo, Ourela, Patín Porriño e Condado. A partir das 13:30h será a entrega de diplomas.

Cristina Boullosa, a presidenta do CPA Bolboreta, explica que “ a Federación tivo que facer cambios na organización das modalidades o que supón unha reorganización nas competicións por niveis”.

“Vai a ser un fin de semana de moita patinaxe en Redondela”, Cristina Boullosa.

Segundo Boullosa, estes cambios a nivel federativo débense “a un aumento do interese por este deporte”. Cada vez crecen máis as categorías inferiores o que obriga a facer unha competición única para os niveis de 1 a 3 e outra para os niveis que van do 4 ao 10.

“O patinaxe é un deporte en crecemento constante”, Cristina Boullosa.

Pon como exemplo ao club bolboreta que dun ano para outro triplicou o número de deportistas adestrando na base.

“O Bolboreta é un exemplo do crecemento deste deporte”, Cristina Boullosa.

O Pavillón Municipal A Marisma acolle esta fin de semana a 26 clubs das provincias de Pontevedra e Ourense para as probas de niveis 4 a 10. As distintas categorías farán unha exhibición de forza onde valorarase a técnica en pasos, saltos e piruetas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará