Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno debaterá a Lei das Caixas galegas

RR_Noticias

A instancias dunha moción presentada polo BNG, o pleno deberá posicionarse sobre a Lei de Caixas galegas. Por unha vez parece que populares e nacionalistas compartirán opinión fronte aos socialistas, quen de trasladar a postura do seu grupo ao ámbito local votarán en contra da proposta

Cando estamos envoltos no debate das caixas o grupo municipal do BNG de Redondela presentará no vindeiro pleno unha moción a favor da lei das caixas aprobada no Parlamento, por entender que dita normativa “democratiza esa institución, fai a súa xestión máis transparente e reforza as facultades do autogoberno para defender o sistema financeiro propio”.
Critican enerxicamente a reposta do goberno do estado e a presentación do recurso de inconstitucionalidade contra a lei galega por “conlevar a paralización da súa aplicación nun momento decisivo, o que pode colocalas na situación idónea para que sexan absorbidas por entidades foráneas”.
Rexeitan ademais que se recorra a lei galega cando non se cuestionou a constitucionalidade das leis vasca, catalana ou andaluza e critican que non se respecte o autogoberno galego e non se acepten as decisións adoptadas polas institucións autonómicas para impulsar unha fusión dentro do pais que preserve e garanta a galeguidade das caixas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará