Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG esíxelle a Fomento que mellore a seguridade na N-555

RR_Noticias

A nacionalista Olaia Fernández Davila denuncia que os veciños das parroquias de Cedeira e Negros “sofren diariamente o risco de seren atropelados”. Recolle así unha reiterada denuncia dos residentes na zona quen dende hai meses veñen reclamando a construcción de beirarrúas e un paso elevado nas inmediacións da rotonda de Vilavella

A deputada do BNG pola provincia de Pontevedra presentou no Congreso unha iniciativa pola que lle esixe ao Ministerio de Fomento que mellore a seguridade viaria na N-555 ao seu paso por Redondela, concretamente nas parroquias de Cedeira e Negros.
Davila advirte de que esta estrada “rexistra unha alta densidade de circulación de camións e de todo tipo de vehículos e é moi estreita en varios tramos”. Sen embargo, denuncia que “non conta con beirarrúas, o que supón un perigo para a vida dos peóns, especialmente os veciños de moitas casas que están preto da estrada, co que corren o risco de seren atropelados cada vez que entran ou saen das súas vivendas”.
Ademais, a deputada do BNG alerta de que “a situación agravouse coas obras do AVE, xa que multiplicouse o tráfico pesado de camións, moitos dos cales circulan coa carga sen cubrir”. Igualmente, denuncia que á altura dos túneles do AVE “instaláronse unhas barreiras metálicas de protección que, ao estar situadas xusto no linde da estrada, dificultan en gran medida a visibilidade, co conseguinte perigo para a circulación, ademais dun grave risco para os usuarios das vías de acceso aos barrios de Pregal e Fortóns, en Cedeira”.
Ante esta situación, Davila lembra que o BNG “xa presentou no mes de outubro pasado unha iniciativa dirixida ao Ministerio de Fomento, sen que ata o momento se teña recibido resposta”.
Neste sentido, a deputada do BNG vólvelle preguntar ao Goberno se é consciente dos graves problemas de seguridade vial no tramo da N-55 ao seu paso polas parroquias de Negros e Cedeira, “un perigo que se viu agravado polas obras do AVE”.
Por iso, Olaia Fernández Davila demándalle ao Goberno que constrúa beirarrúas e coloque un paso elevado nas inmediacións da redonda de Vilavella, tal e como demandan os veciños e veciñas dende hai meses.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará