Mentres o CD Choco empataba fóra da casa contra o JUV. Cambados, no resto das categorías destacaron as dúas importantes vitorias do CD Arcade (Primeira Galicia) e o CD Soutomaior (Segunda Galicia). O CD Cesantes (Segunda Galicia) tivo menos sorte e mantense de último na categoría, en perigo de descenso.
JUV. Cambados – CD Choco (1-1)
Esta fin de semana tocaba xogar fora da casa, no Campo de Burgáns, onde os de Redondela conseguiron arrincar un punto manténdose de cuartos na clasificación xeral. Haberá que esperar ao desarrollo desta segunda volta para ver se recuperan a vantaxe e a posición no podio que mantiñan na primeira volta.
PRIMEIRA GALICIA
Caldas C.F. – C.D. Arcade (3-4). 4. Esta última xornada supuxo un ascenso de 3 postos para o Arcade que pasa de décimo cuarto a décimo primeiro na clasificación xeral tras conseguir gañar ao Caldas nun emocionante partido que rematou cun resultado de 3 fronte a 4.
SEGUNDA GALICIA
CD Cesantes – SD Amencer (1-3). O Cesantes continua en postos de descenso tras non conseguir arrincar ningún punto na última xornada. Esta fin de semana xogaron contra o Amencer, cun resultado de 1 fronte a 3.
CD Soutomaior – SD Romay (3-0). Mellor lle foi ao Soutomaior na casa, onde xogou contra o Romay resultando nunha esmagante vitoria cun resultado de 3 fronte a 0. Desta forma o Soutomaior afianza a oitava posición e continua sumando puntos para achegarse aos primeiros postos.