Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A residencia artística Conecta Lab acollerá na Illa de San Simón seis proxectos audiovisuais

conecta lab

Os participantes, procedentes de Vigo, A Estrada, A Fonsagrada, Castelló, Lleida e Madrid, foron seleccionados de entre as 200 persoas que se presentaron á convocatoria. O sexto foi elixido entre os 22 participantes na novena xornada Conecta+ que acolleu, o pasado sábado, a sede da Deputación en Vigo. Participarán deste laboratorio creativo que se desenvolverá en San Simón entre o 19 e o 29 de abril impulsado pola  Deputación de Pontevedra xunto con CREA (Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización), AGADIC (Axencia Galega de Industrias Culturais) e DAMA. 

Cinco dos proxectos foron seleccionados entre as 200 persoas que se presentaron á convocatoria de Conecta Lab. Trátanse dos vigueses Gon Caride e Sara Traba, Berio Molino de A Fonsagrada, Patricia Echeverría de Madrid e Marina Rubiés de Lleida. Pola súa banda, un proxecto do estradense Samuel Lema, do castellonenco Jorge Navarro e da madrileña Elena Martínez foi escollido por profesionais da produción entre os 22 participantes que asistiron á novena xornada Conecta+, que acolleu o pasado sábado a sede da Deputación en Vigo.

Os seis proxectos audiovisuais seleccionados traballarán e convivirán, durante os dez días do Conecta Lab en San Simón, con recoñecidos profesionais. O pasado ano participaron directores de cinema como Óliver Laxe, Álvaro Gago, Iziar Bollaín, Celia Rico, Carlos Marqués-Marcet, Mikel Rueda, Laura Sarmiento e Fernando Franco que acompañaron aos creadores audiovisuais no proceso de escritura dos seus proxectos cinematográficos tal e como explicou a vicepresidenta da Deputación, Marta Fernández-Tapias.

Participantes

Gon Caride participará no Conecta Lab coa súa primeira longametraxe: “La increíble historia de cómo un balde de agua destruyó un edificio”. Trátase dunha comedia que arranca con Rosa, unha muller de sesenta anos que se levanta todas as noites de madrugada para ir ao baño e que, para non facer ruído que moleste aos veciños, verte un cubo de auga polo retrete. O que Rosa non sabe é que, unha noite, ao baleirar o cubo de auga inicia unha reacción en cadea que, en oito minutos, rematará por provocar a destrución do edificio.

Pola súa banda, Sara Traba participará tamén coa súa primeira longametraxe: “As Cárcavas”.As cárcavas son cicatrices que o tempo deixa na terra. Por iso, esta creación constrúese a través de moitos momentos de observación da paisaxe que non se poden modificar.

Berio Molina participará con “As Aspas”, a súa segunda longametraxe tras “7 Limbos”. O filme presenta a tres amigos: Coro, Mel e Silvo. Os dous primeiros son autistas e o segundo xordo e viven as súas vidas con independencia e rebelión, enfrontándose a unha sociedade que aínda non está prepara para aceptalos.

A madrileña Patricia Echeverría, con estudo creativo tamén nos Ángeles e Ramallah, chegará a San Simón con “Wolfgame”. Trátase dunha peza que presenta a dous mozos que abandonan a súa vida urbana co obxectivo de tomar terras bíblicas a través do pastoreo. Por outra banda, a medio mundo de distancia, enxeñeiros deixan os seus empregos para construír imperios no metaverso mediante un xogo chamado “WolfGame”.

Con “Aniagua”, unha longametraxe de ficción, participará Marina Rúbies no Conecta Lab. Aniagua é unha moza de 18 anos, gorda e ausente, que empeza a traballar como camareira de piso nun resort de luxo. A mala relación coa súa nai, a recente morte da súa avoa e a falta de amigos derivan nunha bulimia nerviosa que non sabe xestionar ata a súa chegada ao hotel, que mudará a súa vida.

Finalmente, “Viven al lado”, de Samuel Lema, Elena Martíneze Jorge Navarro, trátase dun formato de serie centrado nunha urbanización de luxo, onde unha nai fracasada enfróntase a unha débeda que ameaza con arrebatarlle a súa casa. Desesperada, comete un roubo que remata en asasinato. Os seus veciños, presos do pánico, forman unha patrulla veciñal que saca á luz os seus máis escuros segredos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará