Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dúas semanas sen piscina en Redondela

RR_Noticias

Os traballadores das instalacións deportivas, que dende o pasado 1 de febreiro manteñen unha folga indefinida en demanda dun convenio para a comunidade, denuncian as presións da patronal que só se mostra disposta a sentarse a negociar se previamente os operarios abandonan a folga.

Os traballadores anunciaron que non están dispostos a deixar as mobilizacións logo de levar 15 días de folga indefinida e nove días mais de paros intermitentes ao longo dos últimos meses, co conseguinte custe económico para os seus petos. Entenden que as dúas partes implicadas deben retomar as conversas para buscar unha solución ao conflito e lembran que as súas reivindicacións “son máis que asumibles” xa que a principal demanda de carácter económico reivindica que “as nóminas cheguen aos mil euros mensuais no ano 2012”. Ante os prexuízos que este paro tamén está a ter na piscina de Redondela, os usuarios destas instalacións convocan unha concentración-cacerolada ás portas do Concello o vindeiro venres ás 19:30 horas. Unha resposta social que os traballadores agradecen como medida de presión para que tamén os responsables políticos tomen cartas no asunto, tendo en conta que se trata dun servicio municipal privatizado.

Palo Muiños representante dos traballadores
Denuncia que a patrtonal só está disposta a sentarse a negociar se os traballadores renuncian á folga
Presión social
Os usuarios anuncian unha protesta no concello na tarde do venres

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará