A Xunta Electoral de Galicia arquivou a denuncia do Partido Popular contra a alcaldesa de Digna Rivas, por poñer a disposición dos veciños autobuses para acudir á manifestación contra a xestión da vertedura dos pélets celebrada o pasado domingo en Santiago de Compostela baixo o lema “En defensa do mar”.
A Xunta electoral considera que este feito non pode ser considerado como “un acto de contido electoralista” aos non conter alusións “as realizacións ou aos logros obtidos, e que tampouco pode considerarse como unha inauguración de obras ou servizos”.
Deste xeito, ao sinalar que non aprecia que exista unha vulneración da lei electoral, acorda o arquivo da denuncia.