Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

De Redondela a Mauthausen: homenaxe ás vítimas do Holocausto

deportados

“Olimpio, Antonio, José María e Alejandro regresan a casa, á súa terra, tras décadas de esquecemento” así se recolle no libro de María Torres que este sábado se vai presentar nun acto organizado polo Colectivo Republicano de Redondela en colaboración co Concello e que busca recuperar a memoria dos catro redondeláns que foron deportados ao campo de concentración de Mathausen-Gusen. Na súa lembranza instalaranse catro “Stolpersteine” (adoquíns da memoria) ás portas do Multiúsos.

Marcos Lareira, Colectivo Republicano

Catro veciños de Redondela, tras fuxir da ditadura franquista foron arrestados e acabaron deportados ao campo de concentración de Mathausen-Gusen. Os seus nomes eran Olimpio Marino Míguez Pazos, Antonio Piñeiro Otero, José María González Vázquez e Alejandro Lafuente Pose.

O pesadelo dos republicanos españois e o dos galegos en particular que dende febreiro de 1939 encheron os campos de acollida franceses, tras a saída de España fuxindo da represión dos fascistas, agrávase no momento no que Francia é ocupada polos alemáns en agosto de 1940.

Tras a invasión nazi moitos foron detidos e internados en campos de prisioneiros de guerra, pero pronto perderían esta condición e serían deportados principalmente ao campo de concentración de Mauthausen, e demais campos da morte e exterminio do III Reich.

Dos case douscentos galegos deportados, só regresaron con vida arredor de 60 deportados. Coñecemos os seus nomes, as súas orixes, se morreron ou non, pero dende o Colectivo Republicano de Redondela coa colaboración do Concello queren facer unha homenaxe a estas persoas coa instalación de 4 Stolpersteine (adoquíns da memoria) en Redondela, “en lembranza permanente os deportados redondeláns para dignificar a súa memoria e a de todos aqueles que sufriron baixo a barbarie fascista”.

O acto terá lugar este sábado 27 ás doce do mediodía ás portas do Multiúsos e contará coa intervención da escritora e investigadora María Torres, a poeta Andreia Costas e as actuacións musicais dos alumnos do Conservatorio Victor Ureña e Seso Durán.

Catro veciños da rúa prata no centro da vila, de Chapela e de Quintela, os tres falecidos en Mauthausen e Alejandro Lafuente, neste caso o único que logrou sair con vida dos campos de extermininio.

Datos dos catro deportados de Redondela

OLIMPIO MARINO MIGUEZ PAZOS: Nado en Redondela o 8 de setembro do 1908. Os seus país, Juan Míguez Reboredo e Josefa Pazos Barros, irmáns Teresa, Constante, Antonio e Manuel (xemelgos), Ramona, Juan e Ramón. No censo de 1920 residen na Rúa da Prata número 11 de Redondela.

ANTONIO PIÑEIRO OTERO: Nace o 5 de agosto de 1912 en Chapela. Os seus pais, José Piñeiro Cabaleiro e Gumersinda Otero Cabaleiro, irmáns Carmen, Eugenio e Josefina. No censo de habitantes de 1920 figuran que residen na Rúa da Iglesia número 9 de Chapela.

JOSÉ MARÍA GONZÁLEZ VÁZQUEZ: Nado en Quintela, o 24 de setembro de 1914. O seu pai, Joaquín González Morais da Rocha, é natural do concello portugués de San Miguel de Prado. A sua nai, Regina Vázquez Fernández e veciña de Cedeira. Ten un irmán , Alvaro e dous hermanastros por parte de nai: Serafín e Sabino. Coñécese a existencia doutra irmán, María del Carmen. No padrón de 1920 indicase que a familia reside na Rúa Quinteiro número 47 de Quintela.

ALEJANDRO LAFUENTE POSE: Nace o 4 de Maio de 1909 en Redondela. Fillo de Ramón Lafuente Lago (Vigo) e Aurora Pose (Redondela). Coñecese a existencia de tres irmáns: Manuel, José, desaparecido en Vigo cando contaba 15 anos e Juan. Nos anos trinta a familia Lafuente Pose reside no número 7 da Rúa Irmandiños de Vigo. É o único que sobreviviu o inferno de Mauthausen, liberado o 1 de xuño de 1945, é repatriado a Francia. O 19 de xuño de 1950 parte para Arxentina. Descoñécese campo tempo estivo en Arxentina, dende onde retorna a España.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará