Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A piscina municipal reabre as súas portas logo de 18 día de folga

RR_Noticias

As instalacións da piscina volvían na mañá de hoxe a funcionar con normalidade logo de que os operarios que levaban dende o día 1 en folga indefinida acordasen volver ao traballo. Os usuarios suspenderon a cacerolada prevista para esta tarde diante do Concello
 

Patronal e sindicatos non acadaron aínda un acordo a nivel nacional que poña fin ao conflito que dende o pasado 1 de febreiro mantén pechadas as portas de un elevado número da instalacións deportivas de toda Galicia. Pese a non terse producido tal acordo, en Redondela os traballadores decidiron logo de varias reunións celebradas nas xornada de onte e antonte cos responsables da empresa concesionaria do servizo, Serviocio, volver ao traballo.
Non transcenderon os posibles puntos de encontro entre empresa e traballadores que facilitou a resolución deste conflito no noso concello, aínda que o representante da CIG, Pablo Muíños adiantou que a maior parte dos operarios aceptaron o preacordo que no seu día fora rexeitado en Asemblea.  
Pola súa banda, o responsable da piscina en Redondela, José Bamio preferiu non facer declaracións ao respecto á espera de que se produza un acordo pro escrito entre patronal e traballadores.
Confirmou eso si que dende primeiras horas da mañá os usuarios da piscina municipal poden acudir con total normalidade a esta instalacións deportiva. Lembrou tamén que os abonados poden presentar as reclamacións oportunas para que se lles reembolse a cantidade económica proporcional ao servizo que deixaron de recibir por mor do paso.
Os usuarios que tiñan convocada unha protesta-cacerolada para esta tarde diante do concello acordaron suspender a convocatoria ante a reapertura da piscina

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará