Falamos con José Antonio Fernández Bouzas, director e conservador do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, sobre os traballos de eliminación de especies exóticas invasoras en Cíes, Ons e Sálvora no marco do proxecto europeo Life Insular. Conversamos sobre os avances feitos ata o de agora e os obxectivos de cara ao futuro na preservación da biodiversidade das illas e a eliminación de especies invasoras.

Brian Cameselle, o talento de Redondela, brilla no concurso Recantos da TVG
A música galega está de noraboa coa irrupción de Brian Cameselle, un cantante de 19 anos que, desde a súa parroquia do Viso, está a conquistar os escenarios e os