Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

36 mulleres contan con seguimento policial en Redondela por violencia de xénero

poli imaxe

Todos estes casos están en activo no Sistema Vioxén e para un total de 21 mulleres hai ademais ordes de protección. Dúas destas múlleres contan co sistema COMETA, un dispositivo que permite xeolocalizar de forma telemática tanto ao agresor como á vítima para garantir que se cumpre a orde de afastamento imposta. As autoridades lembran que existen dous teléfonos de axuda e información ás vítimas de violencia machista: 016 e 112.

O sistema Vioxén conta en Redondela con persoal policial encargado do seguimento e protección de mulleres vítimas de violencia de xénero. A día de hoxe son 36 as mulleres que contan con este programa de seguimento (no ano 2022 eran 28).

Desde a concellería de Igualdade explican que moitas das mulleres vítimas con seguimento de VioXén seguen a estar no sistema ao longo do tempo. “Son casos que moitas veces mantéñense no sistema durante anos, o seguimento é constante e danse altas e baixas segundo a súa situación”, sinala a concelleira Iria Vilaboa.

Dos 36 casos que se rexistran actualmente en Redondela só nun deles se contempla un risco alto para a vítima, 9 están en nivel medio e 11 en nivel baixo. Para estas mulleres vítimas existen ordes de protección. Nos outros 15 casos non se aprecia risco.

Como medida de protección hai 16 mulleres que contan co Servizo Telefónico de Atención e Protección para vítimas de violencia machista (ATEMPRO). Este dispositivo ofrece ás mulleres unha atención inmediata as 24 horas do día, os 365 días do ano e sexa cal for o lugar en que se atopen. ATEMPRO usa tecnoloxía de comunicación telefónica móbil e de telelocalización e permítelle ás vítimas contactar en calquera momento cun Centro de atención preparado para dar resposta ás súas necesidades. Ante situacións de emerxencia, o persoal do Centro pode mobilizar outros recursos se é necesario.

En Redondela hai actualmente dous casos que contan co sistema COMETA. Trátase dun dispositivo que permite xeolocalizar de forma telemática tanto ao agresor como á vítima para garantir que o que se cumpre a orde de afastamento imposta. Con este sistema faise efectivo o dereito da vítima á súa seguridade, ademais de documentar posibles quebrantamentos da orde de afastamento. O sistema Cometa ofrece información actualizada e permanente sobre o cumprimento ou incumprimento das medidas impostas e das incidencias, tanto accidentais como provocadas. O dispositivo é tamén un xeito de disuadir ao agresor de quebrantar a orde de afastamento.

A alcaldesa Digna Rivas salienta a importancia de formar parte do Sistema VioXén, xa que este programa “permite aglutinar esforzos das diferentes institucións públicas competentes na materia de violencia de xénero e integrar toda a información dos diferentes casos, co que a atención as vítimas e o seu seguimento é máis eficaz”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará