O 24 de xaneiro de 1984 saía ao mercado o Macintosh, un ordenador que supuxo un cambio de paradigma ao dar prioridade absoluta á experiencia do usuario. Malia que foi un fracaso de ventas analizamos con Manuel Álvarez a relevancia dun aparello que foi fundamental para facer que a informática fora de uso accesible para un público amplo.