Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tras obradorios apostan pola participación activa das mulleres no mes de Marzo

RR_Noticias

O baile, a arte e a risa forman parte do programa de actividades que a Concellería da Muller desenvolverá no vindeiro mes de Marzo en Soutomaior. Unha programación que se completará coa celebración das 1ª Xornadas do pai Igualitario

“En marzo… pechado por reformas” baixo ese título agóchase un programa de actividades que a Concellería de igualdade de Soutomaior organiza co gallo da celebración do día internacional da muller. O obxectivo da iniciativa é fomentar o equilibrio nos usos dos tempos, potenciando o tempo que dedican ao ocio as mulleres e crear un espazo de encontro para celebrar os avances acadados en prol da igualdade. Así, durante tres luns consecutivos, os día 8, 15 e 22 de marzo desenvolveranse tres obradoiros que abordarán cuestión como o baile terapia, que segundo nos explicaba a responsable do CIM en Arcade, Cristina García, permitirá ás participantes explorar o movemento e as emocións así como descargar tensión acumuladas. O día 15 a cita será coa arte-terapia, a través da cal se persegue fomentar as potencialidades artísticas e a autoestima, para rematar cun obradoiros de risoterapia que permitirá crear un espazo de diversión e confianza As actividades teñen unha duración de tres horas e son gratuítas. A programación de marzo completarase cunha xornadas nos colexios do concello e a celebración das 1ª Xornadas do pai igualitario co gallo da conmemoración do día do pai o 19 de marzo.O prazo de inscrición para os obradoiros está aberto no número de teléfono 986 701227 ou na propia oficina da OMIX no Multiusos de Arcade.

Cristina García responsable do CIM
Enre as actividades previstas haberá un oradoiro de baileterapia
Risoterapia
A risa como un xeito de crear espazos comúns
O "pai igualitario"
A concellería está a organizar unha xornadas co gallo do día do pai o 19 de marzo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará