Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Primeiras diferenzas no bipartito: AER advirte ao PSOE “estamos gastando por riba das nosas posibilidades”

digna roberto 1

Responsabilizan tamén á alcaldesa Digna Rivas de que Redondela vaia quedar sen punto limpo logo de que o pleno municipal non aprobara a súa ubicación nos terreos anexos ao cemiterio de Mañó “por non ter negociado previamente este asunto co resto dos grupos da oposición”. Aseguran tamén que o Concello recibiu en 2022 unha subvención de 300.000 euros, dos que xa se perderon máis da metade “pola inacción de Rivas”.

A tensión aumenta entre o PSOE e AER, logo de que agrupación de electores teña sinalado diferenzas importantes co grupo co que gobernan. As primeiras críticas xa se escoitaron no pasado pleno cando se debatía o recoñecemento extraxuducial de crédito para o pago de facturas pendentes do ano 2022 cun montante que supuxo máis de medio millón de euros. No transcurso do debate Roberto Villar amosou o malestar existente na Agrupación de Electores “polo elevado gasto do PSOE en festas e saraos” e instou aos seus socios de goberno a “que se levante o pé do acelerador”.

Roberto Villar, AER

Un malestar que medrou logo de que non saíra adiante a modificación de usos para os terreos anexos a Mañó para a creación dun punto limpo ao votar en contra BNG e PP. Unha falta de consenso do que acusan directamente á alcaldesa, Digna Rivas por non ter negociado este asunto coa oposición antes de levalo ao pleno. “Tanto populares como nacionalistas recoñeceron a necesidade do Punto Limpo pero reprocharon a Digna Rivas que non negociase previamente con eles. É certo que a alcaldesa adoita desprezar ao resto dos grupos e leva asuntos ao Pleno sen traballalos previamente, pero tamén é verdade que a oposición preferiu darlle unha labazada a Rivas, pero quen o vai pagar é a veciñanza”.

AER conclúe afirmando que “a principal responsable deste fracaso é Digna Rivas. A alcaldesa, estando en minoría, está obrigada a negociar cos grupos e chegar a acordos, especialmente en temas de tanto calado coma este”.

Lembran ademais que a creación deste punto limpo contaba cunha subvención de 300.000 euros para executar en catro exercicios: 2022, 2023, 2024 e 2025, “iniciado xa o ano 2024 e de xeito incomprensible, este proxecto aínda non iniciou a súa execución. Por este motivo xa se perderon as anualidades 2022 e 2023 da subvención, entre ambas, uns 165.000 euros”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará