Concerto no Entroido 2023
A celebración do Entroido comezará este sábado 10 con obradoiros infantís na Alameda Castelao e unha festa nocturna no campo da Feira amenizada polos grupos La Patrulla, o tributo a Estopa de “Estopaos” e sesión DJ co redondelán Rodri Vegas. O domingo o tradicional desfile de comparsas arrancará ás 17:30 horas e o martes a programación inclúe o concurso de disfraces, actuacións musicais e a queima do Meco.
As celebracións arrancan este sábado con actividades para os máis cativos que poderán gozar de obradoiros vairados na Alameda de Castelao entre as 17.00 e as 19.30 horas. As rúas da vila encheranse de música e cor co espectáculo itinerante Psychodelia, de Troula animación, con marionetas e unha bicicleta xigante polas rúas Alfonso XII, Ribeira e Xeneral Rubín.
Pola noite, haberá festa no campo da feira. A concellería de Cultura ten preparada “unha xornada festiva chea de diversión, música tributo a Estopa e moitas máis sorpresas”, anuncia a responsable Rita Pérez. Será a partir das 21.00 horas coa actuación do grupo La Patrulla, con versións de pop rock español, ás 23.15 Estopaos e o seu tributo a Estopa e ás 00.30 sesión DJ co redondelán Rodri Vegas.
O día 11, domingo de Entroido, ás 17.00 horas terá lugar a concentración das comparsas no Campo da Feira. A animación musical comezará ás 17.30 da man de Latexo Percusión e ás 18.00 fará o seu pasarrúas Tío Emilio, a comparsa representativa do Entroido redondelán. A continuación será o desfile de comparsas que percorrerá as principais rúas da vila. Ás 20.30 horas será a entrega de premios.
O Martes de Entroido as actividades arrancarán ás 17.00 horas co Desfile-Concurso de Disfraces individual e colectivo. As inscricións para participar poderán facerse nos soportais do Concello desde as 16.00 e a entrega de premios será ás 18.45 horas.
Os máis pequenos terán o seu espazo na Alameda Castelao con diferentes obradoiros desde as 17.00 e ata as 19.30 horas e as rúas contarán con moita animación da man da Batucada Brassica Rapa, unha brass bands feminina cun espectáculo moi variado con grandes éxitos do pop, a música tradicional galega, o jazz ou bandas sonoras de películas. Ás 19.00 horas, fiel á súa cita, celebrarase a queima do Meco co espectáculo “Lume” de Troula Animación e festa continuará pola noite desde as 20.30 horas coa música da discoteca móbil da Duendeneta na rúa Alfonso XII.
Queima do berete
O sábado día 17 nesta xornada celebrarase o Entroido en Chapela. As comparsas sairán ñas 17.00 do alto da Encara ás 17.00 do Alto da Encarnación cos percusionistas de Aperta. A comitiva do Enterro do Berete sairá ás 18.00 ata a praia de Arealoga, onde se fará a queima. Ás 20.45 comezará a música coa discoteca móbil no paseo de Cardona.