Foto: Policía Local de Redondela
A condutora foi trasladada por unha ambulancia do 061 a un centro sanitario para a súa valoración. O impacto do vehículo contra o muro provocou o derrubamento de parte do peche da vivenda que se atopa nunha curva da estrada que comunica Redondela co aeroporto de Peinador.
O accidente producíase ás 17:50 horas da tarde de onte á altura cando, por causas que se descoñecen, a muller perdeu o control da furgoneta que conducía e colidiu contra un muro. Malia o forte do impacto que derrubou parte do peche a muller resultou ferida leve.
No sinistro interviron axentes da Policía Local e a Garda Civil de Tráfico, encargada de investigar o suceso.