Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

CD Soutomaior clasifícase para os oitavos da II Copa Rías Baixas

426870251_859380279326331_8477134745362304979_n

Esta fin de semana tres equipos de Redondela e a contorna xogaron diferentes partidos correspondentes aos Dieciseisavos da II Copa Rías Baixas Pontevedra. O Zacande FC quedou eliminado da competición tras perder o venres na casa contra o Villalonga FC; O CD Arcade tamén quedaba eliminado no partido do sábado contra o CD Soutomaior que se clasifica para os oitavos de final.

O CD Soutomaior vencía ao CD Arcade nun Derbi celebrado no Campo Graciano Padín. O resultado foi  de 2 fronte a 0 e en consecuencia os de Arcade quedan descartados da competición e non poderá continuar xogando a Copa.

Mañá será a quenda dos redondeláns do CD Choco que entran na Copa Rías Baixas o martes 13 de febreiro ás 19:00h contra o SP Guardés.

A Competición conformarase en 7 eliminatorias máis a gran final. Os campións das oito copas de afeccionados que organiza a Federación Galega, ao longo de todo o territorio da comunidade, xogarán a Supercopa de Galicia. O vencedor da Supercopa será o representante na eliminatoria previa da Copa do Rey, en substitución do mellor terceiro entre os equipos de Preferente.

A Liga Galega de Fútbol retómase a seguinte fin de semana coas correspondentes citas de cada categoría. En Preferente, o CD Choco enfróntase o domingo 18 de febreiro ao CD Allariz no Campo Municipal de Santa Mariña e en Primera Galicia o CD Arcade recibe ao CCD Chain.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará