Vitoria do equipo de Terceira División da Sociedad Deportiva Pazos, quen recibiu no pavillón municipal ao Praias de Barreiros CD.
Pazos de Borbén 5-0 Praias de Barrreiros
Avultado resultado a favor dos de Pazos que marcaron 5 goles fronte aos lucenses que non tiveron oportunidade de entrar a portaría. Un partido que dominaron de principio a fin ante un equipo moi mermado polas baixas, malia o cal custoulles marcar o primeiro gol. Proba disto é o 0-0 que apuntaba o marcador no descanso. Na segunda parte estiveron máis acertados para sumar, sen pasar apuros. Os goleadores foron Martin, Diego, Sergio, Pablo e Fredo.
Importantes puntos os que suma o sénior do Pazos xa que lles permite coller aire nunha clasificación que cada vez está máis axustada entre os equipos do medio da táboa. O próximo domingo reciben ao Distrito Ventorrillo, segundos da liga.
PREFERENTE
Na preferente suspendeuse o partido do Redondela FS mentres que o Campito caía na súa visita a Tui.
Quinta de Tui 6-4 Campito Chapela FS
Os de Chapela non foron quen de vencer aos rivais. Unha nova derrota que os mantén como pechacancelas do grupo. Na vinderia semana xogan na casa, reciben ao Bueu.
PRIMEIRA AUTONÓMICA
En Primeira Autonómica suspendeuse o Derbi entre o Arealonga FS e o Campito Chapela que se ía disputar no Campo de fútbol Municipal De Chapela. A seguinte xornada, do domingo 18 de febreiro, está previsto que o Arealonga FS reciba ao Valladares B e o Campito Chapela ao Crecentes FS. Sen embargo, isto podería variar en función de repetirse o encontro previsto esta pasada fin de semana.