Os individuos que entraron no templo no pasado mes de setembro leváronse un botín de tan só 300 euros. Con todo, os danos que causaron foron moito maiores xa que co obxectivo de acceder ao interior do edificio procederon a forzar e romper a porta maior da Igrexa de Reboreda, unha peza que contaba con 288 anos de antigüidade.
Os danos causados nese roubo están valorados en 6.000 euros ao danar de xeito irreparable a porta orixinal. Unha peza que, grazas ás xestións do párroco, Carlos Rodríguez, foi agora substituída por outra porta de artesanía que reproduce a orixinal de case tres séculos de historia. O portón será conservado “esta peza orixinal ha de formar parte do museo parroquial que o cura ten pensado construír”.