Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Deputación inviste 120.000 euros en obras de pavimentación en O Viso

RR_Noticias

O organismo provincial achegará á comarca un total de 245.103 € procedente do Plan de Cooperación Provincial que se investirán en obras de saneamento e pavimentación de camiños nos catro concellos que conforman a comarca

Os beneficiarios, neste caso os municipios de Soutomaior, Redondela, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes acollerán a execución das diferentes iniciativas proxectadas pola Deputación para este plan para “reducir os déficits existentes nos servizos obrigatorios municipais destas zonas da provincia”.
Os proxectos que se van acometer na comarca son: o saneamento na zona de Moreira, en Soutomaior, ó que a Deputación destinará 54.450,30 €; en Redondela, pola súa parte, a entidade provincial procederá á pavimentación do camiño que vai de Nogueira ó alto do Viso, cun investimento de 120.801,86 €; en Pazos de Borbén materializaranse os accesos e a pavimentación necesaria no núcleo de Areeiro – Nespereira cunha de 54.878,53 €; por último, 63.364,36 € das arcas provinciais inverteranse na pavimentación dos camiños dos Poulos (San Amaro) e da Misarela (Entrerríos), ambos en Fornelos de Montes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará