Dende o PSOE cualifican de inconsistentes as declaracións da voceira do PP nas que acusaba ao goberno local de permitir incumprimentos urbanísticos por non ter aprobado o PXOM
Os nacionalistas entenden que a decisión do PP de manter nas filas do seu grupo municipal a Herminda Quelle, rexente do local de hostalería que ven de ser paralizado polos servizos de urbanismo en Rande, ampara este tipo de infraccións e converten a Canal en cómplice dos feitos. O voceiro do BNG, Carlos Pazos, é rotundo ao afirmar que é incompatible estar na corporación e cometer infracción urbanísticas. Entende que “a única saída posible é que a edil deixe a corporación e que o PP asuma que non se pode levar nas lista a xente que incumpre a normativa municipal”. Acusan a Canal de botar balóns fora responsabilizando da ilegalidade ao goberno por non ter aprobado o PXOM xa que é “como se responsabilizas á vítima dun roubo por terse deixado roubar”. No mesmo sentido se manifestaba o alcalde, Xaime Rei, quen puntualizaba que a non aprobación do Plan Xeral “non xustifica as irregularidades, as cometa unha concelleira do PP ou calquera outro veciño”. En canto á suposta mala fe dos servizos urbanísticos, Rei é contundente ao cualificar esas declaración de “tontería”. O tema está agora en mans dos servizos urbanísticos onde hai aberto un expediente en base ao cal se paralizou a obra de ampliación que se estaba a realizar no local de hostalería.