Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aparatoso accidente na gasolineira en Rande con dúas persoas feridas

poli

Foto: Policía local Redondela

A colisión, que se producía ás 18:15 horas de onte, provocou importantes retencións en ambos os dous sentidos da N-552. Dous vehículos sufrían unha colisión frontal resultando feridas dúas persoas que foron trasladadas leves ao Hospital para a súa valoración.

Axentes da Policía local desprazábanse ao lugar do sinistro logo de seren alertados polo 112 dun accidente de tráfico en Cabanas, na estrada que comunica Redondela con Vigo. Colidiron dous vehículos, un Citröen que circulaba en dirección Redondela e un Peugueot, sendo os ocupantes deste turismo os que resultaron máis afectados. A Garda Civil de tráfico fíxose cargo da investigación para tentar esclarecer o sucedido nun tramo da estrada da súa competencia.

O accidente, nunha hora punta a media tarde este domingo causou importantes retencións de tráfico.

No lugar, tamén se personou a Policía Nacional que foi a primeira en chegar ao lugar, conservación de estradas, protección civil e bombeiros Vigo aínda que non foi precisa a súa intervención.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará