Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Plataforma reclama maior compromiso da administración local no plan de transporte

RR_Noticias

Critican que o goberno local non estea disposto a investir 600.000 euros anuais para financiar a tarxeta gratuíta para os xubilados mentres se apoia a construción dunha autovía cuxo custe ascende a 280.000.000€

A Plataforma Cidadá aplaude a decisión do goberno local, adoptada no pleno do pasado mes de febreiro, de instar á Xunta que acelere a implantación do sistema de transportes metropolitano de Galicia na área de Vigo. Con todo, critican que esta asixencia se produza cando hai máis dun ano dende que se anunciara dende a concellería de economía un convenio coa Consellería de Política Territorial precisamente par pro en marcha o plan de transporte.
Critican tamén que dende o concello se renuncie á financiar a tarxeta de trasporte aos xubilados, que lles permitiría usar o autobús entre Redondela e Vigo de xeito gratuíto, argumentando que o seu custe anual, 600.000 euros, non o poderían asumir as arcas municipais “cando teñen en proxecto a construción dun “spa” en Chapela por valor de 5’6 millóns de euros”.
Lembran tamén que dende o concello apóianse proxectos como o da Autovía A-59 cuxa execución custará “280.000.000€, 220 millóns de obra máis 60 de expropiacións cando cunha simple división, obtemos que todos eses cartos subvencionarían o transporte de Redondela durante os próximos 467 anos”.
Por todo isto engaden dende a Plataforma que teñen “serias dúbidas sobre o verdadeiro interese do goberno municipal pola solución dos problemas reais dos veciños, e en particular os referentes ós problemas de mobilidade de colectivos como os xubilados”. 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará