Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“O segredo dos Hoffman” no Multiusos

RR_Noticias

A compañía Lagarta lagarta achega a Redondela o seu último espectáculo, O segredo dos Hoffman, unha obra con sete nominacións aos premios María Casares entre os que se atopa o de mellor espectáculo teatral, mellor actriz protagonista e mellor dirección, que se poderá ver o sábado ás 20:00 horas

A historia está baseada nunha novela de Alejandro Palomas e xira en torno a un segredo oculto durante anos nunha familia que se reúne ao falecer á avoa Constanza. Un drama con toques de humor que levan sobre o escenario os actores Xosé Barato, Rebeca Montero, Ernesto Chao e Belén Constenla, quen por esta interpretación ven de ser nominada como mellor actriz protagonista aos premios María Casares. Un texto coral con enorme carga emotiva que fai que o público se emocione ao longo da representación, segundo declaraba Constenla. A obra poderá verse mañá sábado ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira dentro do programa da Concellería de Cultura “Teatrarte’2010”. O prezo da entrada é de 4 euros para o público ne xeral, dous para xubilados e estudantes

Belen Constenla actriz
Unha historia chea de emocións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará