Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pablo Cerezo do CPA Bolboreta terceiro clasificado do Trofeo Deputación Cortos

WhatsApp Image 2024-02-20 at 09.46.02

O club desprazouse ata Noia durante a fin de semana para que os patinadores Pablo Cerezo e Luna Regueiro defenderan o seu programa corto por primeira vez en categoría nacional no Trofeo Deputación organizado polo Club Noia Patín no Pavillón de Agustín Mourís.

O redondelán Pablo Cerezo rematou de terceiro no podio na categoría sénior masculina e Luna Regueir non tivo tanta sorte. Rematou nos últimos postos da categoría cadete por unha caída na pista provocada por unha lesión que arrastraba dende fai semanas.

Segundo a adestradora, “Luna tivo unha caída bastante dolorosa na proba de pista e xa arrastraba dor doutra caída nos adestramentos semanais, e a actuación no campionato non foi todo o boa que se esperaba” .

Dende o club bolboreta  “celebran os resultados do sábado onde unha vez máis se demostrou o gran nivel do deporte galego”. Por outra banda,  animan aos mozos da contorna a probar este deporte, que soe ter maioritariamente presenza feminina.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará