Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela volve adiar o desfile de comparsas por mor da choiva

comparsas

O mal tempo parece que lla ten xurada a esta cita do Entroido. O desfile de comparsas previsto para este domingo volve suspenderse ante o anuncio de mal tempo que se prevé para esa xornada. A concelleira de Cultura, Rita Pérez explica que as actividades previstas trasládanse ao día 3 de marzo.
Finalmente haberá que esperar a primeira fin de semana de marzo para celebrar a última das actividades previstas do entroido. Logo de negociar coas comparsas participantes para saber cal sería o día idóneo para garantir a presenza do maior número de formacións posible, a Concellería confirma que se celebrará o domingo día 3 a partri das 18:00 horas.
A data inical do desfile era o pasado 11 de febreiro. Naquela ocasión o Concello decidiu adialo para este domingo, día 25. Con todo, as previsións falan dunha tarde de domingo de fortísimas precipitacións polo que a Concellería se ve obrigada novamente a tomar esta decisión e pospoñer o desfile.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará