Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco iguala ante un rival necesitado de puntos

56d9ce93-d449-44d2-81f1-fa12a7cadd8d

O Choco empatou na visita ao campo do Barco. O partido celebrado en Calabaqueiros deixou un resultado de 1 fronte a 1. Con 38 puntos, os Choqueiros mantéñense na cuarta posición e continúan loitando polo liderado. O próximo domingo, 3 de marzo, reciben ao CD Velle.

CD Barco – CD Choco (1-1)

O CD choco visitou o Campo de Calabaqueiros para enfrontarse ao CD Barco, décimo cuartos da liga. Un rival moi necesitado de puntos por estar moi preto da zona de descenso, polo que non llo puxeron fácil aos de Redondela. O Choco conseguiu chegar á segunda metade cun marcador de 0-1. O gol do empate foi case unha sorpresa, pois o Barco conseguiu marcar no tempo engadido (97’).

Foron os barquenses os que golpearon primeiro, pero o gol de Ocampo no minuto 16 foi anulado, ao entender o asistente que un futbolista do Barco entorpeceu a visión do porteiro, algo que non apreciara o colexiado principal. A decisión foi moi protestada polos locais, custando o cartón amarelo ao seu adestrador e acendendo os ánimos dos seareiros na bancada. Pouco despois, no minuto 20, un xogadón individual de Adrián Rodríguez polo centro resultou nun gol para os Choqueiros. O Choco quixo reter o resultado, pero foi no tempo engadido cando o central Konaté chegou para aproveitar un rexeite na área do Choco. No minuto 97, os barquenses conseguiron o gol do empate.

PRIMEIRA GALICIA

SDC San Adrian – CD Arcade (3-0)

O Arcade tamén xogou fora da casa contra o San Adrián. Os de Vilaboa conseguiron marcar 3 goles a cargo de Rubén Covelo, Alejandro Franco e Victor Eduardo Mosquera. Este era un partido complicado para os de Arcade, xa que nesta segunda volta a metade da táboa está moi igualada en puntos. Sitúanse agora de décimoprimeiros. Na seguinte xornada volven a desprazarse para xogar contra o Campo Lameiro.

SEGUNDA GALICIA

Cd Soutomaior – Campañó SD (7-0)

Vitoria esmagante do Soutomaior na casa. Recibía ao Campañó , décimo quintos da categoría, no campo de Futbol Municipal Graciano Padín. O resultado foi de 7 fronte a 0 o que fai ascender aos de Soutomaior ao terceiro posto da táboa xeral con 44 puntos e a só dous do podio. Na seguinte cita o Soutomaior desprázase para xogar contra o Domaio.

Marcon Atletico – CD Cesantes (5-1)

Derrota do Cesantes fronte ao Marcon Atlético cun resultado de 5 fronte a 1, os redondeláns continúa a mala racha e o equipo mantense de pechacancelas do grupo con 11 puntos. Este era un partido complicado pois xogaban contra os segundos da táboa xeral. Na seguinte xornada o Cesantes recibe ao Marín.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará