Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP de Pazos insta ao alcalde a aprobar os orzamentos

eloisa

A voceira dos populares, Eloísa Nogueira, lembra que Luciano Otero anunciou a comezos de decembro que o proxecto das contas se presentaría antes de que rematar o ano “e seguimos sen saber nada tres meses despois”. Entende que a falta de orzamentos supón unha “contradición” do rexedor, xa que el mesmo sostivo que non se podía seguir traballando con cifras prorrogadas que non están adaptadas á realidade actual do municipio.

O grupo municipal do PP de Pazos de Borbén afirma que o concello está sumido nun “desgoberno absoluto e nunha situación de parálise que prexudica aos veciños”. Afirma que un dos motivos desta situación é produto da ausencia dun orzamento que o alcalde anunciara que serían unha realidade ante de rematar o 2023 “pero seguimos sen saber nada tres meses despois”.

A concelleira popular concretou que, ademais dos prexuízos para a veciñanza, a falla de orzamentos supón “unha completa contradición” do propio alcalde, xa que el mesmo sostivo que Pazos de Borbén non podía seguir traballando coas contas prorrogadas do ano 2022 –un orzamento de 1’86 millóns de euros aprobado polo anterior goberno do PP- dado que, segundo a súa versión, non están adaptadas á realidade actual do Concello.

Os orzamentos son, para os populares “unha mostra máis do mal que funciona o Concello, cun goberno que nunca chega a acordos para sacar os temas adiante e que incumpre constantemente co que anuncia”. Finalmente, Eloísa Nogueira vaticinou que o alcalde “non presenta as contras porque encabeza un goberno con incapacidade para facelas e sen o talante suficiente para negociar a súa aprobación cos demais grupos porque se atopa en minoría absoluta”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará