Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior abre o prazo para inscribirse no programa de formación “Novas sendas”

cursos

Este programa ten como obxectivo minimizar os efectos negativos que provoca o desemprego, a falta de cualificación para a adaptación ás necesidades do mercado laboral e a falta de recursos de formación permanente das persoas do Concello de Soutomaior.  As inscricións nun total de seis cursos xa están abertas na páxina web do concello.

As persoas interesadas poden inscribirse xa nos cursos de monitor de tempo libre de 350 horas de duración; curso de competencias dixitais; curso de manipulación de alimentos, caixa e reposición; carretas elevadoras; formación en defensa contra incendios forestais dirixida as agrupacións veciñais e psicomotricidade e recursos pedagóxicos para atender á diversidade.

A principal finalidade é favorecer o progreso económico e social das persoas para acadar un maior equilibrio na igualdade de oportunidades garantindo un proceso de adquisición de competencias que responda a necesidades plurais e á diversidade local á vez que respectuoso e accesible para as persoas máis desfavorecidas. Encádrase no Plan Estratéxico Municipal de Mocidade, Cultura e Ensino desenvolvido pola OMIX e inclúe accións formativas destinadas á formación para o emprego, á formación continua-reciclaxe, á adquisición de novas competencias, á formación permanente e ao longo de todas a vida das persoas, mellorando así a empregabilidade e inserción no mercado laboral daquelas persoas desempregadas do municipio.

O programa desenvolverase ao longo do 2024 e inclúe unha ampla e variada oferta formativa que se desenvolverá nunha primeira fase ao longo dos meses de febreiro a xuño e unha segunda fase que se desenvolvería durante o período de outubro a decembro coa formación en linguas, horticultura e poda entre outras.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará