A nova ordenanza fiscal que regulará a taxa de auga e saneamento será aprobada mañá logo de superarse o periodo de presentación de alegacións. O pleno celebrarase ás 9:30 horas o vindeiro xoves día 18
A corporación municipal reunirase este xoves ás 9:30 horas nunca sesión extraordinaria do pleno para resolver a aprobación definitiva da nova ordenanza fiscal que regulará a taxa de auga e o saneamento logo de rematar o período de presentación de alegacións.
A modificación fora aprobada no mes de decembro cos votos a favor de PSOE e BNG e unha vez superado o trámite de mañá entrará en vigor.
A nova ordenanza suporá un incremento na maior parte dos recibos, en moitos casos por riba do 10% aínda que dende o goberno local xustifican a medida alegando que as novas taxas premiarán aos fogares con consumos baixos xa que aquelas vivendas que facturen menos de 15m3 reducirán o prezo do metro cúbico ata un 50% o que lles permitirá compensar a suba na cota fixa e incluso o recibo final. Afirman ademais que as novas facturas son máis xustas xa que se paga o que se consume, xa que ata o de agora todos os usuarios abonan 30m3 cada trimestre aínda que non o consuman, e se potencia o aforro de auga.
Con todo dende a oposición aseguran que a nova tarifa é en realidade “unha suba encuberta de ata un 20%”.