Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR Peguform viaxa á pista do Cisne con ansias de desquite

RR_Noticias

Os homes de Carlos Rey viaxan a Pontevedra para enfrontarse cunha das súas bestas negras, o Cisne Grupo Pirsa, que se impuxo á SAR nas súas anteriores citas. Os redondeláns afrontan este partido coa mellor predisposición, despois de gañar o pasado sábado ó Base Oviedo.

A SAR Peguform afronta a recta final de liga con optimismo. Despois da vitoria sobre o Base Oviedo do pasado sábado ocupan a 7ª praza da táboa na Primeira Nacional. O club, cos deberes xa feitos, prepara agora a viaxe a Pontevedra para enfrontarse ó Cisne, unha das súas “bestas negras”. Así o recoñecía nos micrófonos de Radio Redondela o seu adestrador, Carlos Rey, xa que nas anteriores citas entre os dous equipos sempre se impuxeron os pontevedreses. O míster explica que o Cisne tenlles “tomada a medida”, e aínda que a SAR é quen de gañarlle ós equipos da parte alta da táboa, nunca o conseguen cos do Grupo Pirsa. Por iso no partido do sábado queren o desquite. Carlos Rey anunciou tamén que no que resta de liga, e cos obxectivos cumpridos, dará minutos aos xogadores menos habituais. Deste xeito o técnico quere premiar o esforzo dos xogadores que, a pesares de non seren titulares, traballan duro para facerse cun oco no equipo.

Carlos Rey adestrador
O técnico fálanos da situación do equipo
Cisne-SAR
Os redondeláns enfróntanse á súa "besta negra"
Oportunidade a xogadores
Rey aposta por dar minutos ós xogadores menos habituais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará