Foto de MAChremo
O C.R. Chapela organizou esta domingo a regata de traiñeiras en memoria do que fora o primeiro presidente do club de remo Francisco Alonso Loureiro. Participaron embarcacións de toda Galicia nas categorías masculina, feminina, base e veteranos. As condicións meteorolóxicas estiveron retrasando probas durante as últimas xornadas, polo que esta cita era moi esperada entre os clubs galegos. Finalmente o tempo, aínda que con choiva, permitiu ás embarcacións sair ao mar.
Na Liga A, a regata estivo moi disputada levándose a bandeira Cabo da Cruz . Os de Chapela quedaron subcampións a só 4 segundos dos de Boiro. Pechando o podio a traiñeira de Bueu, recentemente ascendida á liga Eusko Label, que dou a 5 segundos dos gañadores da proba. Cabo da Cruz continua dominando en Galicia, demostrando ser polo momento os mais fortes.
No caso do absoluto feminino, tamén levou a bandeira Cabo da Cruz e as de Chapela quedaron no terceiro posto a 4 segundos das gañadoras. categoría de veteranos o triunfo foi, de igual maneira, para a embarcación de Cabo da Cruz, tanto en masculino como en feminino.
Desta forma, os remeiros do club de Chapela volven quedar as portas da vitoria coa embarcación da Liga A. Os locais destacaron na categoría sub-17, onde a proba foi para a traiñeira de Chapela. O claro vencedor da regata foi Cabo da Cruz quen levou bandeira nas categorías absoluta masculina, absoluta feminina e veteranos.
Clasificación xeral, categoría masculina absoluta
1. Cabo da Cruz: 19:47 e bandeira.
2. Chapela A: 19:51,
3. Bueu A: 19:52,
4. Ares: 19:55,
5. Castropol: 20:08,
6. Rianxo:20:20,
7. Tiran B: 20:24,
8. Samertolameu: 20:35
9. Tiran A: 20:52
10. Mecos: 20:53
11. Cedeira: 21:03
12. Bueu B: 21:08
13. Mugardos- A Cabana Ferrol: 21:09
14. Cesantes: 21:12
15. Chapela B: 21:24
16. Náutico Ribeira: 21:26
Clasificación xeral, categoría absoluta feminina
1 Cabo da Cruz: 22:57 e bandeira
2. Tiran: 23:20
3. Chapela: 23:48
4. Cesantes: 23:53
5. Rianxo: 24:29
6. Mugardos-A Cabana Ferrol: 25:04
7. Castropol: 26:28