Nova entrega do espazo “As mulleres contan. Percorrendo camiño” en colaboración coa Concellería de Igualdade. Falamos neste mes de marzo con Laura Pérez Vaqueiro, veciña de Redondela, comunicadora e reporteira de televisión en activo, valora os pros e contras dunha profesión feminizada e con moitas imposicións á hora de saír ante a cámara “nalgúns caso autoimposicións en canto a manter un aspecto determinado que non marca de igual xeito aos reporteiros homes”. Pon sobre a mesa o feito de que sexa un traballo “con data de caducidade” e convida a reflexionar sobre a ausencia de mulleres a partir de certa idade ante as cámaras.
Abordamos tamén o tema da conciliación, a situación do xornalismo actual “con profesionais que teñen que saber de todo sen saber de nada” e condicionada pola inmediatez das redes sociais así como moi precarizada con “horarios interminables, salarios baixos e pouca estabilidade”.