Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Roteiros escolares para dar a coñecer a pegada das mulleres en Redondela

cole reboreda

A guía Soledad Chayán é a encargada de guiar estes roteiros nos que participan nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria dos centros educativos do municipio. Unha actividade enmarcada dentro da programación da Concellería de Igualdade polo Día Internacional da Muller.

Uns percorridos que arrancan na Praza de Vilavella e rematan na Fonte de Santiago e onde se lles fala a rapazada da primeira muller concelleira en Redondela, Carolina García Tenreiro, da mestra Ernestina Otero e outras máis descoñecidas como Lola a Jamaica ou Josefa Puga Jarabilla.

A primeira das saídas contou cos escolares do CEIP Reboreda e nos vindeiros días está previsto que participe a rapazada do CEIP Cedeira (mañá xoves día 7) e o colexio Santa Mariña que fará o roteiro o día 12. No caso dos colexios de Chapela a saída realízase desde a Alameda de Rosalía de Castro e remata na Praia de Arealonga. Nesta parroquia poden coñecer o traballo das mulleres de Pescanova, das praceiras, mariscadoras, e outros oficios que foro o son moi importantes para Chapela. O CEIP Igrexa facía o roteiro na mañá de hoxe mércores e o Alexandre Bóveda o vindeiro día 15.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará