Hoxe é Venres 27 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As xornadas Gemma Pereira Otero animan ás comerciantes locais a sacar o máximo partido ás redes sociais

comercio local

“O que non se comunica non existe” baixo esa premisa a comunicadora especializada en multimedia, Laura Vaqueiro, impartirá un obradoiro de iniciación de xestión de redes sociais no comercio local enmarcado dentro da IV Xornadas Gemma Pereira Otero que organiza o Concello de Redondela. A actividade está aberta a traballadoras do comercio que deben inscribirse previamente no enderezo igualdade@redondela.gal.

A actividade desenvolverase os día 18, 19 e 20 de marzo en horario de 19:30 a 21 horas nas oficinas de turismo na rúa Isidoro Queimaliños. Están orientadas a todas as mulleres que desenvolven a súa faceta laboral no comercio local co obxecto de que aprendan a usar as redes sociais como ferramenta para lograr expandir a marca, gañar maior fidelización dos clientes cos que xa conta o negocio así como aumentar as vendas e medrar como empresa.

Laura Vaqueiro, monitora das xornadas

Laura Vaqueiro, encargada de impartir este obradoiro que forma parte da programación do 8M en Redondela anima ás comerciantes a participar insistindo en que aprenderán dun xeito ameno e divertido como promover o seu negocio nun mundo global.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará