Hoxe é Sábado 21 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A última ostreira de Arcade, Isabel Seoane será homenaxeada na Festa da Ostra

seoane

O Consello Feminista Municipal de Soutomaior que esta semana se reunía por primeira vez para dar un maior impulso ás políticas de igualdade do concello, acordou facer unha homenaxe a Isabel Seoane. A última ostreira de Arcade convértese así na primeira en recibir este recoñecemento que o goberno local outorgará anualmente a diferentes mulleres que teñan feito durante a súa traxectoria vital e profesional ou fagan actualmente achegas significativas á igualdade.
Esta primeira reunión do Consello Feminista Municipal de Soutomaior estivo presidida polo alcalde Manu Lourenzo, quen agradeceu a presenza e participación dos grupos políticos representados na corporación municipal e das distintas asociacións municipais que contan coa figura da Vogalía da Muller. O alcalde Manu Lourenzo recoñeceu “o grandísimo e excelente traballo que as nosas técnicas do CIM levan anos a facer e que seguen facendo”.
O rexedor tamén aproveitou a primeira sesión do Consello para presentar ante as asociacións a programación para o 8M baixo o lema ‘Abrindo costuras’, e que arranca co obradoiro de bordado ‘Fiando a nosa historia feminista’, impartido pola artista téxtil mexicana Maritza Berttolini. O alcalde Manu Lourenzo reivindicou a María ‘A das Mil Flores’ ou María ‘A Coxa’, principal figura recoñecida na campaña do 8M do Concello de Soutomaior e que precisamente dá nome ao galardón que recibirá a ostreira Isabel Seoane.
A presidenta do Consello e concelleira de igualdade, Rosana Martínez, sinalou que “este organismo servirá para vez para dar un maior impulso ás políticas de igualdade do noso concello, co obxectivo de seguir a escribir as páxinas do futuro feminista que todos e todas queremos para Soutomaior”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará